Antroido

28, febrero, 2006 at 8:09 pm (Uncategorized)

Si tengo tiempo, he de traducir este texto (los gallegos lo tenéis más fácil).
O “Antroido” é unha festa moi popular en Galicia, sobor de todo nas nosas vilas e aldeas, ainda que durante o franquismo, coa prohibición das máscaras, esmorecéu un pouco. A orixe da verba “antroido” deriva do latín “introitus” , que significa “entrada” ou “comenzo” da primaveira e do rexurdimento da vexetación.
As festas do “antroido” ou “entroido” teñen como antecedente lonxano as festas pre-cristáns que se celebraban na antiga Grecia para honrar ó deus Dionisios e que logo pasaron a Roma, onde había o costume de celebrar grandes festas polo antroido: eran as bacanales, as saturnales (cando os escravos podían poñer as togas dos seus amos e finxían mandar neles… despois das festas as cousas voltaban ó seu rego) e as lupercales.
Estas festas paganas serán “asimiladas” polo cristianismo e incorporadas ós ritos litúrxicos da igrexa. A igrexa católica lista coma sempre, relacionará o antroido co advenimento da coaresma, e deste xeito a ” antroido ” significará a despedida das carnes: o martes de antroido marcará o remate das grandes esmorgas de carne de porco (cacheira, rabo, orella, soá, bandullo, lacón, filloas de sangue) para entrar na abstinencia dos coarenta días da coaresma. Por isto, os tres días denantes do mércores de cinza chamánse as “carnestolendas”.
O antroido terá un caracter de licencia e liberdade, o mesmo que aconteceu nas saturnales dos románs: no tempo do antroido está permitido facer cousas que non se poden facer no resto do ano, como roubar os ovos das galiñas ou os potes das casas, emporcallar á xente con barralla, farelos e mesmo lama, ou criticar púbricamente ás persoas descubríndolles seus defectos ou ridiculizando feitos das súas vidas.
O antroido dura dúas semáns e media: as semáns de septuaxésima e sexaxésima e tres ou catro días da quincuaxésima. Os días principáis destas festas son :
O Domingo Fareleiro (ou de septuaxésima), canda os rapaces botan fardos au chísmas enriba das mozas e das mulleres.
O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres, días ámbalos dous nos que ten lugar unha guerra simbólica dos sexos: no primeiro xoves as mozas fan bonecos, os “compadres”, e quéimanos loitando cos mozos, que para impedilo botánlles ás mozas auga, borralla ou chinas. No Xoves das Comadres son as “mozas” as queimadas.

O Domingo Corredoiro (ou de sexaxésima), chamada así porque e o día no que se corre o antroido. E tamén o día no que se fai nalgunhas aldeas a “corrida do galo”.
O Domingo Corredoiro os rapaces e mozos botan auga, ovos podres, borralla, lama, mesmo formigas á xente. Nalgunhas aldeas os cativos fan (ou facían) chicotes (xeringas de cana de sabugueiro cun émbolo axustado con estopa para tirar a auga con máis forza).
O Domingo, o Luns e mailo Martes de Antroido son os tres días grandes do antroido. Neles fanse as grandes esmorgas, os desfiles de máscaras polas rúas ou polas corredoiras e mailos bailes de disfraces. As máscaras teñen unha grande importancia nestes días, sobor de todo o Domingo de antroido. Reciben nomes moi diversos, como cigarróns, peliqueiros, choqueiros, charrúas, felos e murrieiros. Cecáis as máis famosas señan os cigarróns dos vales de Laza e Monterrey na provincia de Ourense. Tamén hai máscaras máis finas, chamadas “damas” e “galáns”, “madamitas” e “madamitos”, e os “xigantes”.
Asímesmo, nos tres días grandes do antroido fánse farsas, comparsas, sermóns ou simúlase unha guerra entre dous “exércitos” dirixidos cada un por un “xeneral”. Son famosas as da terra da Ulla, Deza, e Cotobade na provincia de Pontevedra. Non podemos esquecer o famoso “Enterro da Sardíña”, no mércoles de cinza, que estivo prohibido moito tempo durante o franquismo: pola noite sale a xente envolta nunha sábana e levando botafumeiros feitos de folla de lata nos que queimaban zapatos vellos, goma de llanta e todo o que cheirase mal. Co enterro da sardiña e a queima do boneco do antroido éntrase na coaresma, nos coarenta días de xexún, nos que non se “pode” comer carne, e a xente di adios ó antroido.

O tempo do Antroido posúe unha cociña propia e diferenciada que presta especial atención ó porco e ás larpeiradas. Do porco o prato mais popular é o lacón con grelos, anque en moitas zonas o lacón é substituído por cachucha (cacheira), androlla ou butelo. Nos doces teñen especial importancia en toda Galicia as orellas e mais as filloas, estas ultimas nas súas diferentes versións, á pedra, con leite, con auga, con caldo…Tamén nesto se innova xa que nos últimos anos en Verín os reposteiros da zona crearon a torta do cigarrón. Póñena á venda nas datas do Antroido e están a ter moito éxito.

Permalink 9 comentarios